Por Galicia Confidencial | Vigo | 11/09/2022 | Actualizada ás 11:00
'Operación Marea Negra: A travesía suicida', o gran documental sobre o narcosubmarino que cruzou o Atlántico e foi encallar na ría de Aldán xa está en plataformas audiovisuais. Son catro capítulos de 45 minutos de duración, que buscan desentrañar que ocorreu dentro do primeiro narcosubmarino capturado en Europa.
Este traballo segue a historia dos máis de 3.000 quilos de cocaína que acabaron na ría de Aldán e está dirixido polo noiés Luís Avilés. Nel tentase dilucidar o que pasou nos 27 días que pasou navegando polo Atlántico ata percorrer as 3.500 millas que conectan Brasil coa costa de Galicia.
As gravacións foron na ría de Aldán, Vigo, Pontevedra, Ávila, Lisboa e Colombia. Alí gravouse en Bogotá, Cartaxena de Indias e Tumaco con testemuños da Armada colombiana. Podes vela aquí.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.