Temas: DVICIO

Os segredos do éxito das "Bodeguillas" de Santiago

“A Bodeguilla”, casa de xantar que rexenta Javier Míguez, é unha referencia entre as adegas e restaurantes de Santiago e tamén de Galicia. Con máis de 28 anos no sector da hostalería, a cociña tradicional e unha extensa selección de viños son a súa carta de presentación.

Por GC Tendencias | Santiago | 26/09/2014 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

O bo facer nos fogóns e o carisma no trato persoal fan da “Bodeguilla de San Roque” un lugar deses nos que non hai fallo. O negocio ampliouse nos últimos anos e conta hoxe, ademais do restaurante principal na rúa de San Roque, con dous establecementos máis, “Bodeguilla de San Lázaro” (en San Lázaro) e “Bodeguilla de Santa Marta” (no barrio de Santa Marta en Santiago).

Bodeguilla de Santa Marta /bodeguilladesanroque.com Bodeguilla de San Roque /santiagoturismo.com
Bodeguilla de Santa Marta /bodeguilladesanroque.com Bodeguilla de San Roque /santiagoturismo.com

Cando naceu a Bodeguilla de San Roque e que te levou a abrir o restaurante ?

O proxecto da Bodeguilla nace en setembro de 1986, eu viña do mundo da noite e estaba un pouco canso… con 24 anos fago o traslado a hostalería diurna.  Comer e beber para min sempre foi un pracer e todo saíu rodado, facer unha boa selección de produtos e rodearme de boa xente foi o arranque..... eran anos de idear novas formas e saíron ben.

Explícanos en que consisten as actividades culturais que organizades ao longo do ano?

Este tema foi sempre unha inquedanza na forma de traballo. Queríamos divulgar a cultura gastronómica. Levamos dende o no ano 1993 en San Roque e agora están centralizadas en San Lázaro onde contamos cun espazo deseñado para tal fin cunha sala de catas para 30 persoas onde realizamos ceas maridaxe, catas de viños, de aceites, de chocolates, cursos de cata, sesións de coctelería, cursos de micoloxía,  cursos de corte de xamón... o habitual é que teñamos un par de actividades ao mes.

Esta casa de xantar é xa unha marca na capital de Galicia, pero seguro que non foi doado chegar ata aquí. Cóntanos algunha anécdota.

Temos ao lombo 28 anos,  e claro, é moito tempo para acontecer de todo. Vivimos os cambios dos 80 a crise dos 90, tamén o relanzamento do Xacobeo no 93... Moita historia, anécdotas ningunha en especial e moitas en xeral… este sempre foi un lugar de "quedar", aquí quedaban os de “Mareas vivas” que recollían aquí os seus guións, Piti con Luis e Blanco co seu "Dielas", Alvaro Siza que facía os seus bocetos en servilletas da bodeguilla, en definitiva estivemos e estamos sempre rodeados de grandes amigos máis que clientes.

Ademais  dos vosos pratos que consideras que vos distingue da competencia?  

Para min temos un factor moi importante, que é o "persoal". Temos xente que leva con nós 26 anos, non nos gusta cambiar de traballadores; queremos trato profesional cun toque familiar e iso trasládase en que coñece os clientes, sabe os seus gustos e o trato é de confianza. 

Nesta última década naceron dúas novas bodeguillas, a de San Lázaro e a de Santa Marta. Distinta ubicación, mesma filosofía?

En 2000 xurde A Bodeguilla de San Lázaro cando o barrio so era un proxecto de construción en planos, pero vimos futuro nesa zona, hoteis, administración, oficinas, vivendas, e xa en febreiro do 2005 abrimos as portas, parece que foi onte pero case van 10 anos. E xa postos en plena crise, no ano 2010 apostamos por outra zona de crecemento, o barrio de San Marta onde abrimos en setembro do 2012, moi ben comunicado e gran potencial de expansión (a ver se marcha esa crise!). A filosofía é a mesma que en San Roque, bo produto e bo trato persoal, lugares para o disfrute.

Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta