Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/10/2022 | Actualizada ás 22:00
A guerra de Ucraína, a crise enerxética e a especulación das grandes compañías está provocando un cambio de hábitos no consumidor. Un bo exemplo disto é o que está acontecendo co mercado do "low cost" dos combustibles. Empresas que ata hai uns meses eran prácticamente minifundistas, están collendo folgos e lanzándose a conquistar o mercado. E as razóns desta situación son diversas.
As gasolineiras low-cost e as estacións de servizo de grandes supermercados son as que ofrecen prezos máis baixos. Encher nunha desas gasolineiras pode chegar a supor bastante aforro anual. Segundo publicou a OCU a diferenza de prezos entre este tipo de gasolineiras pode alcanzar o 20%.
Deste xeitos, estacións de servizo vinculadas a grandes superficies, Alcampo (ten 50 en toda España), Carrefour, Leclerc, Costco, ou a empresas especializadas neste segmento, como Petroprix, Plenoil e Ballenoil, estanse facendo co mercado. De feito, estas tres empresas teñen crecido un 40% de media nos últimos anos e facturado máis de 1.000 millóns de euros. en 2021. Tamén se fixeron coa maioría das estacións automáticas que xa ocupan o 13,5% de todas as estacións de servizo do Estado. Actualmente hai en España máis de 1.300 gasolineiras automáticas, un 45% máis que antes da pandemia.
E ONDE SACAN O RENDEMENTO FRONTE AS GRANDES?
A pesar de ser "low cost", o combustible destas estacións teñen que cumprir cuns mínimos de calidade e proceden ademais da Compañía Loxística de Hidrocarburos (CLH). Entón, de onde sacan beneficio?. Entre as causas, "unha maior axilidade e menores custos de explotación, sobre todo de persoal". Tal e como explican fontes do sector, isto permite que estas empresas poidan ofrecer o prezo do litro un 10% ou un 15% máis barato de media.
De feito, as empresas de gasolina "low cost" están a traballar actualmente cunhas marxes de explotación de 2-3 céntimos por litro con descontos sobre as grandes multinacionais de entre 10 e 25 céntimos por litro. Unhas cantidades que para unha familia media supoñen un aforro de 300 euros ao ano.
E, con todo, seguen incrementando beneficios. Así, Petroprix, que abriu novas estacións en Galicia este ano, pechou o ano 2021 superando a barreira dos 334 millóns de litros vendidos e máis de 16 millóns de reposicións, un incremento do 42% con respecto ao ano anterior.
Plenoil, con 14 gasolineiras en Galicia e con previsión de apertura de catro novas na Coruña, Ourense cidade, Vigo e Carballo, vendeu 300 millóns de litros de combustible no primeiro semestre de 2022 e rexistrou máis de 13 millóns de operacións en toda a súa rede. De feito, agarda facturar máis de 750 millones de euros (sin IVA) este ano.
E QUEN ESTÁ DETRÁS?
Detrás destas empresas están empresarios que teñen xa unha longa traxectoria no mundo dos negocios. Así, o CEO de Plenoil é José Rodríguez de Arellano, con 21 cargos activos en empresas, segundo Empresia. E o presidente do consello administrativo é Leopoldo Pérez de Villaamil e Alfaro, indican en Cotizalia.
Outra das figuras visibles é Álvaro Sainz de Vicuña Bemberg, que apareceu na Lista Forbes como unha das 100 persoas máis ricas de España: o seu capital en 2019 era de 300 millóns de euros.
CASOS GALEGOS
En Galicia tamén hai unha compañía de carburantes de baixo custe. Trátase de Petrocash, con capital 100 % galego e co obxectivo de converterse nun dos actores principais no sector dos carburantes no país. Nada no ano 2018, ten na actualidade máis de 60 empregados e10 locais distribuídos nos municipios da Coruña, Bergondo, Sada, Osedo (Sada), Betanzos, Ferrol, dous en Caldas de Reis, Begonte e Cabo da Cruz:
Tamén Carbugal é de capital galego. Polo momento ten varias estacións de servizo na provincia da Coruña. Detrás dela está o empresario José Collazo, dono do imperio do xogo Comar que apostou por este novo negocio en 2015.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.