Por Galicia Confidencial | O Pino-Touro | 18/09/2022 | Actualizada ás 20:51
A Plataforma Mina O Pino-Touro Non denuncia que a empresa propietaria dos terreos, Cobre San Rafael, “decide elevar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a sua intencion en querer seguir adiante co proxecto denegado”. Dito proxecto foi o que no seu momento foi rexeitado pola Declaración de Impacto Ambiental (DIA) negativa en 2020.
Desde a Plataforma aseguran que a empresa “durante estes dousanos levou adiante unha campaña de marketing a favor dun novo e marabilloso proxecto”. O colectivo sinalaba ademais que a mesma empresa buscaba a maneira de facer valer o proxecto denegado “sabendo que unha DIA non se pode recorrer”.
Mentres tanto, a Plataforma di seguir dando cos mesmos atrancos que en anos anteriores para acceder ao expediente da mina. Este documento está na Xefatura Territorial de Minas e o colectivo veciñal asegura que “a empresa Cobre San Rafael pon todos os atrancos para impedir poidan ter acceso, indo mesmo contra a decisión da propia Xunta”.
Para a Plataforma a empresa recorre ao TSXG despois de que perdese varios recursos pola vía mercantil “para impedir que se coñeza ao que por lei temos dereito a saber”. Os integrantes do colectivo veciñal acusan a Cobre San Rafael de estar realizando unha campaña de propaganda a favor da reapertura da mina “durante estes dous últimos anos”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.