Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/09/2022 | Actualizada ás 17:15
A segunda edición dos Premios #DígochoEu da CRTVG xa ten aberto o prazo de inscrición, a través da súa páxina web, ata o 28 de outubro.
Segundo indicou a CRTVG, no certame poden participar os ciclos de educación primaria e Secundaria dos centros escolares de Galicia, así como os de fóra que impartan a lingua galega.
"Fala cos colegas, pensa unha idea de guión e que os profesores envíen a proposta", convidou a presentadora do programa, Esther Estévez. Así, de todos os presentados, elixirán 14 que, posteriormente, serán gravados nunha xornada na que o equipo do espazo desprazarase a cada colexio.
Na primeira edición deste certame, que pretende achegar o galego dunha forma dinámica e entretida a todo o mundo, pero sobre todo, aos máis novos, xa participaron 200 centros do catro provincias, segundo lembrou a corporación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.