Xunta e Federación Galega de Caza promoven esta actividade con cursos para unha "caza segura"

As formacións acreditarán os coñecementos impartidos, encamiñados todos eles a dotar de seguridade esta actividade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/09/2022 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

A primeira edición do 'Curso de persoa cazadora con formación', que conta con 50 prazas, abriu o prazo de inscrición ata o 7 de outubro a través da páxina web da Xunta.

Segundo informou o Executivo autonómico, esta formación ten como obxectivo a obtención da credencial como persoa cazadora a través da acreditación dos coñecementos para realizar os controis, no propio lugar, sanitarios e de hixiene das pezas de caza silvestre abatidas para ser destinadas ao consumo humano, entre outros contidos que recolle a lexislación europea.

Cazador
Cazador | Fonte: MN

Pola súa banda, a Federación Galega de Caza informa que o vindeiro venres 23 de setembro remata o prazo de matrícula para os cursos que imparte a través da aula virtual da Escola de Caza. Trátase dunha formación de balde que inclúe dous cursos: un de xestión interna e administrativa dunha sociedade de caza, e outro sobre seguridade e primeiros auxilios. Están destinados para representantes e directivos dunha sociedade de caza, cazadores/as, responsables de cazaría, administrativos/as, gardas, federados e deportistas.

Os cursos tamén estarán dispoñibles no campus virtual da FGC desde o día 3 ata o día 28 de outubro (a proba de avaliación poderá realizarse entre o 24 e o 28 de outubro). Durante este período os alumnos poderán conectarse á formación nas datas e horarios que máis se acomoden ás súas necesidades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta