Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2022 | Actualizada ás 17:48
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acudiu a Ourense para a inauguración do Congreso de Turismo Termal, onde, a preguntas dos medios sobre fiscalidade, remarcou que comunidades de distinto signo político están a ir pola vía das rebaixas, antes de salientar que "se outras comunidades fano parecido" á galega será porque o Executivo que el dirixe está "a acertar".
A preguntas dos medios, Rueda trasladou que "non sabe" que fará o Goberno central, pero criticou que o Executivo "di que non vai facer algo e despois de pedirllo todo o mundo acaba facéndoo".
Así, dixo que, neste momento, "debería darse conta de que hai que baixar a presión fiscal igual que están a facer as comunidades autónomas de todos os signos políticos", apelando á reforma de Ximo Puig en Valencia.
"Creo que isto é o necesario agora, por tanto se o goberno baixa o IVE de produtos básicos, como se lle está solicitando, creo sinceramente que acertaría", expuxo o titular autonómico sinalando que "cando non vai acertar é subindo os impostos".
Foi neste sentido no que fixo referencia directa á nova medida do presidente de Valencia, o socialista Ximo Puig, manifestando "non analizou as diferenzas e similitudes" entre o que fixo Galicia e o que fixeron "xa non só Valencia senón calquera outra comunidade autónoma", pero apuntando que "desde o principio manifestouse que Galicia ten propia senda fiscal" e, con ela, o seu "propio camiño para baixar impostos".
"Se coincidimos con outras comunidades autónomas creo que é porque agora todos nos damos conta de que é necesario deixar aos cidadáns, no momento no que máis o necesitan, diñeiro para atender as súas necesidades", manifestou Rueda, para concluír que "se outras comunidades fano parecido a Galicia será que Galicia está a acertar".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.