Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2022 | Actualizada ás 11:12
Finsa chegou a un acordo cos sindicatos para empezar a aplicar o expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) nas súas plantas galegas (Santiago, Padrón, Rábade e Ourense), que prevé estender ata marzo de 2023.
Tras as negociacións desta semana, a empresa respondeu á proposta dos comités a última hora da noite deste xoves, de modo que houbo acordo en relación ás condicións para o persoal durante o ERTE.
Segundo informan fontes sindicais consultadas por Europa Press, o pacto implica establecer dous tramos para a aplicación do ERTE, o primeiro deles ata finais de ano e coas mesmas condicións do anterior expediente de regulación temporal (90% do salario e 100% das extras, vacacións e plan de xubilación).
O segundo tramo, do 1 de xaneiro a marzo, márcase en función da actividade, de modo que o salario poderá oscilar entre o 85 e o 90%. O resto de elementos (extras, vacacións e plan de xubilación) tamén alcanzará o 100%.
A maiores, o expediente introduce unha garantía para que o salario mensual dos traballadores sempre alcance o 90%. "Non son as mellores condicións, pero valoramos o resultado das negociacións porque esta é unha ferramenta para protexer o emprego", resaltan as fontes sindicais consultadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.