Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2022 | Actualizada ás 12:00
Axentes da Garda Civil investigan a un home de 81 anos como presunto autor dun delito de condución temeraria, tras ser interceptado conducindo en sentido contrario pola autovía A-6.
Segundo informaron os axentes, os feitos sucederon sobre as 21,30 horas do pasado luns, cando a Garda Civil tivo coñecemento de que había un vehículo circulando en sentido contrario pola A-6.
As patrullas conseguiron localizalo no quilómetro 540, no límite entre as provincias da Coruña e Lugo, aínda que non puideron evitar que pouco despois, en Guitiriz, chocase contra outro vehículo que circulaba correctamente, aínda que só con danos materiais.
Os axentes procederon a imputar en calidade de investigado ao condutor do vehículo infractor, un veciño de Pontedeume de 81 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.