Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/10/2022 | Actualizada ás 18:10
A Policía Nacional mantén aberta a procura de María José Casal Otero, unha muller de 74 anos diagnosticada de alzhéimer que desapareceu na tarde deste domingo cando saíu dar un paseo polo barrio de Conxo, en Santiago de Compostela.
Segundo informa a Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzhéimer (Agadea), esta muller, usuaria do centro desta entidade en Santiago, mide 1,60 metros, usa lentes e no momento no que se lle perdeu a pista levaba un abrigo negro, pantalóns vaqueiros claros, un xersei de raias brancas e azul mariñas, e un paraugas.
A súa filla, que vive con ela, foi a encargada de pór a denuncia ante a Comisaría da Policía Nacional. Desde entón, tal e como confirman fontes do 112 Galicia, permanece activa a procura desta septuaxenaria desaparecida pola rúa de Penedo, en Conxo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.