Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2022 | Actualizada ás 18:39
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, e o director do Igape, Fernando Guldrís, participaron esta semana na reunión do Comité de Política Industrial, onde se avaliou o impacto que "os elevados custos enerxéticos producen na industria galega".
O comité, detallan nun comunicado, está formado --ademais de por os mencionados representantes da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación--, sindicatos, a Confederación de Empresarios de Galicia, o Consello Galego de Cámaras de Comercio e o Colexio de Enxeñeiros Industriais.
Aseguran que a escalada de prezos "sen precedentes" inciada en 2021, e agravada pola guerra de Ucraína, está a provocar unha perda de competitividade industrial pola redución de marxes de produción nalgúns sectores e polas dificultades para a exportación, fundamentalmente.
Uría foi a encargada de expor as propostas realizadas polo Goberno galego ao estatal no Plan de Continxencia e para sectores intensivos en enerxía, como é a recuperación de sistemas de xestión de demanda, poxas específicas de produtores renovables, a máxima compensación de custos de CO2, o impulso de contratación de PPAs renovables coa industria ou un réxime retributivo apropiado para a coxeneración.
Entre as medidas xa aplicadas pola Xunta atópanse o apoio a proxectos de renovables vinculados ao tecido industrial --declarando prioritarios aqueles destinados a autoconsumo que destinen como mínimo un 50% da enerxía producido a contratos a longo prazo con industrias asentadas en Galicia--.
Engaden que tamén se está posibilitando a tramitación de proxectos renovables cun impacto socioeconómico no territorio e que faciliten prezos eléctricos competitivos á industria electrointensiva. Por último, avanzan que en resposta ás demandas dos principais axentes afectados, a Administración galega comprometeuse a analizar "caso a caso" e facilitar, de forma temporal, alternativas --"dentro do marco da normativa ambiental correspondente"--.
Doutra banda, Guldrís informou da actualización da estratexia de recuperación, crecemento e diversificación da industria naval de Galicia 2022-2026.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.