Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2022 | Actualizada ás 10:09
A Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade na Coruña finalizou un expediente sancionador contra o Concello de Ferrol polo estado no que se atopa tanto a subministración de auga quente sanitaria, empregada nos vestiarios, como de auga fría de consumo humano, no pavillón da Malata, e que finalizou cun procedemento sancionador de 3.100 euros.
Segundo dito expediente, ao que tivo acceso Europa Press, algunhas das deficiencias detectadas teñen que ver coa "ausencia de plano das instalacións, falta de inspección en todos os acumuladores, ausencia de rexistros de revisión anual de auga fría de consumo humano e falta de limpeza e desinfección nos puntos terminais do circuíto".
Tamén se censura non presentar "boletíns de analíticas de lexionela das mostras tomadas en distintos puntos", o que implica que "non se poida garantir que as circunstancias nas que se atopan as instalacións sexan as adecuadas". Así as cousas, conclúese que se "estaría creando unha situación de risco para a saúde pública".
Por iso, a Xunta cualifica como "grave" a situación que se dá neste pavillón de titularidade municipal e que é utilizado, entro outros, polos primeiros equipos do Parrulo Ferrol, que compite en Segunda División de Fútbol sala ou o Baxi Ferrol, equipo de baloncesto que esta tempada 2022-2023 participa na liga Feminina 2.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.