Ollo se vives en zonas da provincia de Ourense... terás unha mensaxe de emerxencia no móbil

Concretametne na zona de Maceda, Baños de Molgas, Esgos e Vilar de Barrio. Será unha proba do sistema nacional de avisos á poboación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2022 | Actualizada ás 09:54

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior leva a cabo este xoves unha proba do novo sistema de avisos á poboación, É-Alert, que permite ás autoridades de Protección Civil enviar mensaxes de alerta xeneralizadas e inmediatas aos teléfonos móbiles localizados nunha área afectada por unha emerxencia ou catástrofe.

En Galicia, o ensaio deste novo sistema de alerta, que conta coa colaboración do 112, realizarase no concello ourensán de Maceda, así como nos limítrofes Baños de Molgas, Esgos e Vilar de Barrio.

Os veciños destas localidades que reciban a mensaxe tan só deben presionar o botón 'aceptar', xa que se trata dun ensaio para verificar que o sistema funciona de forma correcta. Así mesmo, como se trata dunha proba, non hai que chamar ao 112 en caso de recibir esta mensaxe.

Ademais, nos dispositivos que reciban a mensaxe de É- Alert durante o ensaio deste xoves, soará un asubío e activarase a vibración nos teléfonos móbiles. Isto ocorrerá aínda que os móbiles estean silenciados, bloqueados ou en modo 'Non molestar', e anunciará que se trata dunha proba do sistema de alertas de Protección Civil a través das redes de telefonía móbil.

Este sistema, que se integra na Rede de Alerta Nacional, incluirá, nos casos reais e con carácter xeral, información do risco provocado pola alerta, as súas consecuencias e accións que se deben realizar.

Sistema de emerxencia en móbiles
Sistema de emerxencia en móbiles | Fonte: Xataca

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta