O BNG pide que se incorporen 300 millóns á conexión ferroviaria Lugo-Santiago dentro dos PGE

incidiu en que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) "prefire pleitear coa Xunta para que gañe Audasa no canto de pelexar polos intereses dos galegos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2022 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

O BNG presentou unha batería de emendas aos Orzamentos Xerais do Estado, que no caso da provincia de Lugo céntranse "en romper o illamento da cidade en canto a infraestruturas, tanto viarias como ferroviarias".

O parlamentario nacional do BNG, Néstor Rego, compareceu en rolda de prensa na capital lucense para dar a coñecer esas "emendas" que presentan os nacionalistas ás contas do Estado, cuns 300 millóns para a conexión Santiago-Lugo.

"Van fundamentalmente centradas en romper o illamento da cidade en canto a infraestruturas, tanto viarias como ferroviarias", sinalou o deputado da formación frontista.

Nesas emendas, contémplase a modernización e electrificación da liña entre Lugo e A Coruña, e incorpórase outra emenda de 300 millóns de euros para a construción da conexión ferroviaria entre Lugo e Santiago de Compostela.

En canto a estradas, Néstor Rego precisou que "se adianta a previsión do goberno para 2024, para finalizar a construción da A-54 (Lugo-Santiago de Compostela) en 2023". "Non parece de recibo que se prorrogue esa autovía que leva 20 anos en construción e tamén hai que impulsar a autovía Lugo-Ourense", reivindicou.

Rego subscribiu que "estas actuacións son perfectamente xustificadas" e o Goberno debe de asumilas "como prioritarias", porque son "fundamentais para o desenvolvemento social e económico de Lugo e a súa área de influencia".

"NON SON SUFICIENTES"

En canto a Galicia, o parlamentario do BNG manifestou que estas contas "non son suficientes" para a comunidade autónoma, reparando en que "as investimentos se manteñen para 2023, 1.077 millóns de euros que son tres millóns máis que en 2022".

"Isto prodúcese nun contexto de orzamentos expansivos, onde soben na maior parte das comunidades autónomas como Madrid, Andalucía ou Valencia ou soben de forma significativa en Asturias e o País Vasco", sentenciou.

Néstor Rego lembrou finalmente que hai un compromiso, que vincula coa investidura de Pedro Sánchez, para a creación de tres novos xulgados de xénero ou de violencia contra a muller en Galicia, un deles en Lugo.

O deputado do BNG Néstor Rego despois de intervir durante unha sesión plenaria no Congreso dos Deputados, a 27 de outubro de 2022, en Madrid (España). O Pleno do Congreso examina o decreto lei que rebaixa entre outubro e decembro o tipo do I. Jesús Hellín - Europa Press
O deputado do BNG Néstor Rego despois de intervir durante unha sesión plenaria no Congreso dos Deputados, a 27 de outubro de 2022, en Madrid (España). O Pleno do Congreso examina o decreto lei que rebaixa entre outubro e decembro o tipo do I. Jesús Hellín - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta