Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2022 | Actualizada ás 09:50
Maiores de ata 79 anos, profesionais sanitarios, mulleres embarazadas, enfermos crónicos e outros pacientes de risco poden xa solicitar cita no Servizo Galego de Saúde (Sergas) para recibir a cuarta vacina contra a covid-19.
Segundo informa a Consellería de Sanidade, poden facelo todas as persoas destes grupos que, por diferentes motivos, aínda non acudisen para porse esta segunda dose de recordo. Poden solicitar vez para acudir a partir do luns, 14 de novembro, aos centros masivos de vacinación.
A reserva realízase tanto a través da web do Sergas como da aplicación 'Sergas Móbil'. En concreto, a campaña de autocita vai destinada á 'repesca' de persoas de 60 a 79 anos; profesionais sanitarios; menores de 60 con enfermidades cardiovasculares, neurolóxicas e respiratorias; pacientes de 12 a 59 con patoloxías de risco; mulleres embarazadas; e persoas convivientes con persoas de alto grao de inmunodepresión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.