Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2022 | Actualizada ás 15:24
A Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, celebrará na localidade lucense de Becerreá un curso práctico de aplicacións cartográficas en teléfono móbil para o ámbito agroforestal.
O taller terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agraria de alta montaña de Becerreá a partir do próximo luns, 21 de novembro, en horario de 16.00 a 21.20 horas.
O obxectivo desta formación é que os alumnos obteñan os coñecementos necesarios para empregar OruxMaps e IGN-Mapas de España na definición das súas rutas e traxectos no acotamento dos terreos sobre os que traballen e na realización de operacións planimétricas.
Este curso está dirixido aos mozos do rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.