Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 14/11/2022 | Actualizada ás 16:16
Unha muller de 93 anos resultou falecida este luns tras derrubarse o tellado do seu domicilio por unha posible explosión de gas, segundo apuntan os servizos de emerxencias.
O aviso deuse ao redor das 13.55 horas, cando o tellado da vivenda se veu abaixo por causas que aínda se descoñecen e que se están investigando, aínda que a persoa de emerxencias apunta a unha explosión de gas, dado que as testemuñas informaron dun estalido previo.
Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Xinzo, persoal sanitario do 061 e axentes da Garda Civil, así como persoal da empresa subministradora do gas.
A muller falecida foi localizada baixo os cascallos da vivenda, na que tamén residía a súa filla, que resultou ilesa, segundo apuntan fontes da Garda Civil. Os Bombeiros de Xinzo, que apagaron un pequeno foco, informaron de que na cociña localizáronse dúas bombonas e unha pota sobre o lume.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.