Os proxectos eólicos terán que repercutir un 2,5% dos beneficios, e non da facturación, para ser priorizados

Presentadas as emendas parciais dos grupos aos orzamentos e á lei de acompañamento

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2022 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

O tres grupos parlamentarios presentaron as súas emendas parciais aos orzamentos da Xunta para 2023 e á lei de medidas fiscais e administrativas, coñecida popularmente como a lei de acompañamento. O prazo para facelo concluía na tarde deste xoves. Segundo as emendas, recollidas por Europa Press, o Partido Popular incorpora matices ás medidas que incorpora a lei de acompañamento sobre o sector eólico, entre outras cuestións.

Neste ámbito, modifica unha cuestión relativa aos proxectos de produción de electricidade obtida da enerxía eólica (que non estean asociados ao autoconsumo industrial e sempre que conten cun permiso de acceso e conexión firme e vixente).

De acordo co cambio, e de saír adiante --algo que ocorrerá con toda probabilidade tendo en conta que os populares teñen a maioría na Cámara--, poderán ser declaradas como "iniciativas empresariais prioritarias" aquelas que cumpran, polo menos, dúas dunha serie de requisitos.

Coas súas emendas, o PP cambia a redacción dun deses requisitos, e así pasa de ser o compromiso de repercutir un 2,5% da facturación nos concellos en que se sitúen ao 2,5% dos beneficios.

En concreto, que repercutan unha porcentaxe do 2,5% dos beneficios anuais nos concellos durante un período de 10 anos desde a autorización de explotación, en lugar do 2,5% da facturación anual que establecía a norma inicialmente.

Esta modificación correspóndese co artigo 45 da lei de acompañamento e efectúa un cambio sobre a lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, que é a que establece a posibilidade de determinar iniciativas empresariais "prioritarias".

A OPOSICIÓN

Tamén a oposición rexistrou as súas emendas parciais, tanto ás contas como á lei de acompañamento. Por unha banda, o BNG remitiu medidas que entende "prioritarias" para un orzamento "alternativo", centradas tamén nun modelo fiscal diferente ao da actual Xunta.

Pola súa banda, o PSdeG expón, entre outras medidas, aumentar o Fondo de Cooperación Local ata os 143 millóns de euros, crear unha Axencia de Avaliación de Políticas Públicas e facer unha avaliación de beneficios fiscais para determinar a quen benefician.

Arquivo - Parque eólico de Vestas en Kenia. VESTAS - Arquivo
Arquivo - Parque eólico de Vestas en Kenia. VESTAS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta