Critican que Ourense tamén queira competir con Vigo no uso de animais durante o Nadal

Amigos da Terra di que un tipo de "maltrato animal" e pide a súa prohibición.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 18/11/2022 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

Amigos da Terra demanda ao Concello de Ourense que non use animais no desfile de Nadal. Unha medida que se anunciou cando ducias de cidades e vilas galegas teñen asinado mocións prohibindo no seu termo municipal o uso de animais en espectáculos e festas, e logo de que o propio concello ourensán xa acordara  en pleno como concello libre de estos espectáculos.

Os tres Reis Magos subidos en dromedarios na cabalgata de Ourense
Os tres Reis Magos subidos en dromedarios na cabalgata de Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

A organización ecoloxista considera "lamentable que, a estas alturas, aínda existan concellos que non entendan que o uso de animais nestes espectáculos supón un exemplo evidente de maltrato animal". Así, destacan que moitas son especies exóticas, fora dos seus hábitats naturais, e "reducidos a ser usados como simple divertimento ignorando o estres e sufrimento ao que son sometidos".

"Estas prácticas (tristemente aínda legais) non deixan de ser unha parte do problema engadido do tráfico ilegal de animais que segue aumentando á sombra do mercado legal", indican nun comunicado. Neste sentido, lamenta que tamén o concello de Ourense decida entrar na competición iniciada por Vigo para ver que cidade "consegue liderar o ranking do maior impacto ambiental das festas de Nadal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta