Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2022 | Actualizada ás 15:01
O expresidente da Xunta Emilio Pérez Touriño presentou este luns en Santiago o seu último libro, 'O horizonte europeo', unha "alegación europeísta" no que repasa o papel "referente" que ha Unión Europea tivo na xestión do "tres grandes crise" que sacudiron o continente ao longo deste século.
A presentación contou coa presenza do responsable do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, Juan Luís Blanco, así como do reitor da USC, Antonio López, que destacou que esta obra supón unha "reflexión profunda" sobre "a conexión entre o papel de Europa e a sociedade democrática" nun "escenario complexo" como o actual.
No ensaio, Pérez Touriño incide na importancia dunha "Europa unida" para facer fronte aos retos futuros, como o foi, apunta, nas "tres grandes crises" que sacudiron o continente durante este século, nos que os estados, dixo, recorreron á UE como "referente".
En primeiro lugar, no ensaio faise mención da gran recesión económica (2008-2012), onde se evidenciou "a impotencia dos estados para resolver esta recesión" fronte á "abafadora eficacia da resposta continental europea", que defendeu deste xeito "os muros dos euros".
Con posterioridade, sinalou Touriño, os países europeos, do mesmo xeito que o resto do mundo, víronse arrasados pola crise da covid, que supuxo "unha devastación sanitaria, económica e social". "A resposta neste caso estivo en mans, unha vez máis, da Unión Europea", apuntou, considerando que foi esta unión a "garante da sustentabilidade" tanto económica como social dos estados membro. "A resposta foi europea, e se non fose europea, non fose", resolveu.
Chegados a este punto, Pérez Touriño fai un engadido na obra para analizar a "terceira gran crise" do século, a derivada da invasión de Rusia a Ucraína, unha "ruptura da orde xeopolítica" con consecuencias tanto sociais como económicas.
"Esta ruptura, de novo, vólvenos a facer mirar cara á Unión Europea", explicou o que fose presidente da Xunta, xa que "non caben respostas individuais" ante a guerra de Ucraína. "Con isto, recobramos, por primeira vez, certa identidade europea", dixo Pérez Touriño.
Por outra banda, destacou, as grandes crises tamén mostraron "as debilidades europeas", como a necesidade de "avanzar máis no seu peso político e económico" a nivel internacional.
PRESENZA NOUTROS CONFLITOS
Do mesmo xeito que nas grandes crises, Emilio Pérez Touriño tamén reivindicou a importancia de mirar cara a unha Europa unida no caso dos retos que afronta a humanidade.
En concreto, falou do cambio climático, a transición dixital a nivel económico e social ou os movementos migratorios, asuntos que, "como mínimo, necesitan unha resposta europea" e non individual.
A continuación, considerou que a "soberanía dos estados-nación", é unha "idea decimonónica superada pola globalización" e chamou a atención sobre os riscos que os momentos de crises ten para "o crecemento dos populismos e das ideas de extrema dereita".
Finalmente, Pérez Touriño destacou que un dos efectos máis positivos da xestión da pandemia foi o "cambio histórico" de "retorno ás políticas públicas" e sociais, o que pon "final á etapa neoliberal" precedente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.