Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2022 | Actualizada ás 19:08
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, volveu a criticar este mércores a localización das termas da Chavasqueira e de Muíño da Veiga --unha idea que atribuíu ao exalcalde e rexedor do PP, Manuel Cabezas-- porque desde o martes quedaron pechadas como consecuencia da crecida do río Miño.
"Foi unha mala idea coa que temos que apandar. É unha idea herdada e non podemos facer nada, no momento no que están inoperativas non se poden utilizar", dixo Jácome. A reapertura das termas da Chavasqueira tivo lugar o pasado 20 de outubro despois de máis de dous anos pechadas, primeiro pola situación sanitaria e, cando terminaron as restricións, pola entrada en vigor da nova lei autonómica que esixía cambios nas instalacións. Todo iso ata o mes de outubro, cando o rexedor, vestido con bañador e albornoz, se fixo cargo da inauguración.
A situación mantense igual este mércores, xornada na que o Concello dixo que traballa para que "as termas se poidan utilizar sempre que sexa posible", aínda que o alcalde da cidade das Burgas volveu a sinalar ao que foi rexedor da cidade e actual candidato á alcaldía polo Partido Popular, Manuel Cabezas, por construír as termas nesa localización.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.