Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2022 | Actualizada ás 14:52
O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, fixo un chamamento a "facer fronte a calquera discurso negacionista" durante o seu discurso de clausura na Deputación de Pontevedra dun acto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se celebra este venres 25 de novembro. "Non nos podemos permitir como sociedade eses discursos negacionistas que inciden tan negativamente na loita pola igualdade real e efectiva", afirmou Grande-Marlaska.
Segundo datos que achegou na súa intervención, desde que entrou en funcionamento no ano 2007 o sistema 'Viogén', de seguimento integral dos casos de violencia de xénero, abríronse máis de 750.000 casos, deuse protección a máis de 600.000 vítimas e fixéronse máis de cinco millóns e medio de valoracións por parte da UFAM, da Policía Nacional e a EMUME, da Garda Civil.
Grande-Marlaska enxalzou o "papel fundamental" que teñen as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na protección das vítimas de violencia de xénero, e destacou que, fronte a unha das "vergoñas que aínda hoxe nos ofende no máis profundo como seres humanos", hai 26.000 axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e outros 14.000 servidores públicos que forman parte "desa primeira liña de defensa das mulleres".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.