E polos comentarios que me chegan dos amigos de Pontevedra, ali as cousas son bastante peores.
No PP de Pontevedra estase xenerando unha situación semellante à de Aguirre e Gallardón, pero aínda mais complexa pois aqui temos a tres bandos en acción.
Por un lado, os genoveses que son os que impuxeron a Ana Pastor, despois de desbotala para ir por Madrid. Esta imposición foi aceptada polas outras duas partes : os da "boina", comandados por Louzán, e os do "birrete", mais próximos ao que representaba Gallardón e que en Pontevedra tiñan como representante a Corina Porro.
E foi aceptada con gusto, porque contan con que o PP en Pontevedra fracase estrepitosamente. Deste xeito, Louzán poderia recuperar o control do partido na provincia e Corina librariase da única muller que lle pode facer sombra no partido.
A resolución deste conflicto ... a partir do 10 de Marzo