Galicia foi a comunidade onde máis creceron as firmas de hipotecas sobre vivendas en setembro

Supón un aumento do 30% respecto ao mesmo mes do 2021

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2022 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

O número de hipotecas constituídas sobre vivendas en Galicia alcanzou os 1.541 préstamos en setembro, o que supón un 30,3% máis que no mesmo mes de 2021, segundo datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Desta maneira, a Comumnidad situouse como a rexión española onde máis creceron este tipo de operacións, por diante de Cantabria (19,6%) e Aragón (14,5%). De media, en España o aumento foi do 4%, ata 44.119 hipotecas.

En comparación con agosto, as firmas subiron un 16,3% en Galicia. En total prestáronse 178,6 millóns de euros, un 23,8% máis que no mes anterior e un 37,8% máis que en setembro do exercicio previo. Este aumento do capital prestado tamén sitúa á Comunidade como a rexión con maior taxa positiva, por encima de Aragón (+21,1%) e de Cantabria (+20,9%).

Entre outros datos, en Galicia constituíronse en setembro 2.196 hipotecas sobre leiras, con 242,9 millóns de euros prestados. Delas, 85 eran leiras rústicas e 2.111, leiras urbanas. Destas últimas, 1.541 eran vivendas; 22, solares, e 548, outras leiras urbanas. Ademais, en setembro canceláronse en Galicia 1.546 hipotecas, das que 1.035 eran de vivendas. Na súa maioría (1.409 préstamos) foron canceladas a bancos.

DATOS NACIONAIS

A nivel nacional, o número de hipotecas constituídas sobre vivendas aumentou un 4% o pasado mes de setembro respecto ao mesmo mes de 2021, ata sumar 44.119 préstamos, a maior cifra nun mes de setembro desde 2010, cando se asinaron máis de 53.000 hipotecas, sempre segundo datos do INE.

Coa subida interanual de setembro, máis de seis puntos inferior á experimentada en agosto, a firma de hipotecas sobre vivendas encadea 19 meses de ascensos interanuais consecutivos. O importe medio das hipotecas constituídas sobre vivendas baixou un 1,4% interanual no noveno mes do ano, ata os 143.222 euros, mentres que o capital prestado creceu un 4,6%, ata os 6.318,8 millóns de euros.

En setembro, o tipo de interese medio para o total de préstamos hipotecarios situouse no 2,59%, cun prazo medio de 23 anos. No caso das vivendas, o interese medio foi do 2,47%, por baixo do 2,48% dun ano antes, cun prazo medio de 24 anos.

O 31,8% das hipotecas sobre vivendas constituíronse o pasado mes de setembro a tipo variable, mentres que o 68,2% asináronse a tipo fixo, a porcentaxe máis baixa desde decembro de 2021. O tipo de interese medio ao comezo foi do 1,96% para as hipotecas sobre vivendas a tipo variable e do 2,70% no caso das de tipo fixo.

Unha muller sinala o valor de mercado dunha escritura de compravenda dunha hipoteca, a 30 de maio de 2022, en Madrid
Unha muller sinala o valor de mercado dunha escritura de compravenda dunha hipoteca, a 30 de maio de 2022, en Madrid | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta