Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2022 | Actualizada ás 20:19
Os encoros ourensáns de Castrelo, Frieira e As Cunchas estrearon este mércores dous novos 'ecobarcos', que teñen baixas emisións contaminantes e producen pouco impáctico acústico e de ondas.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, foi o encargado de inaugurar en Arnoia estas embarcacións, con capacidade para oito persoas e de propulsión eléctrica.
O obxectivo destes barcos é protexer as beiras dos ríos polos que navega e, así mesmo, respectar a práctica do remo, segundo detalla o organismo provincial nun comunicado.
"Esta é unha forma máis de entender o termalismo", manifestou Manuel Baltar, que incidiu en que a inauguración destas embarciones é "un fito máis para o desenvolvemento da provincia de Ourense".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.