O Goberno central aposta por modernizar a frota para atraer aos máis novos a traballar no mar

Planas reafirma que fala con Bruxelas para que se corrixa o veto á pesca de fondo "en paralelo" ao recurso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2022 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, reafirmou este venres que, á marxe do recurso presentado ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE), mantén "a vía paralela do diálogo" con Bruxelas para tentar corrixir a situación polo veto á pesca de fondo en 87 caladoiros do Océano Atlántico, que afecta á frota galega.

"Manteño a vía paralela do diálogo e se conseguimos corrixir a afectación na frota de fondo, pois será un paso importante", dixo o ministro, nunha entrevista coa Radio Galega, recollida por Europa Press.

Planas admitiu que "a curto prazo", polo menos en decembro, haxa "unha solución", pero recalcou que é importante empezar a falar coas autoridades europeas para demostrarlles que "os datos" nos que baseou a súa decisión "non son os correctos". Así as cousas, apelou á paciencia e reivindicou que "hai que negociar, negociar duro".

Preguntado acerca de por que non se demandou a suspensión cautelar da decisión, replicou que "o desaconsellaban todos os xuristas consultados". "Se houbese afectación conxunta á frota española o argumento era válido, pero por segmentos de frota ían tumbarnos o recurso e era empezar con mal pé. Eu o que quero é gañar o recurso", defendeu.

MODERNIZACIÓN DA FROTA

Durante a entrevista, o ministro tamén apelou á importancia de modernizar a frota galega e puxo o foco nas condicións "heroicas" nas que, por exemplo, traballan os tripulantes dos barcos do Gran Sol. Unhas condicións, suxeriu, pouco atraentes para os mozos.

E en relación aos topes de captura, nunha fase de contactos técnicos previos, asegurou que non vai desvelar as posicións de España para "gardar esa baza negociadora". Ao que se comprometeu é a traballar "da man" de Galicia e o resto de comunidades, para tratar de conseguir "o mellor resultado para España e os seus pescadores".

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas
O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas | Fonte: A. Pérez Meca - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta