Tres novos falecidos por Covid en Galicia e que eleva a cifra total a 3.975 mortes desde que comezou a pandemia

No que respecta aos casos activos, é dicir, persoas que actualmente atravesan a enfermidade, baixan en máis de medio centenar, ata os 1.427, de acordo cos datos publicados este sábado, actualizados ás 18,00 horas do venres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2022 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notifica este sábado tres falecidos con Covid-19 máis, así como un descenso dos casos activos ata os 1.427 (-54), dos hospitalizados, ata os 157 (-6), e dos contaxios notificados nas últimas 24 horas, 85 (-20).

O tres óbitos notificados por Sanidade nas últimas horas aumenta o cómputo global ata os en 3.975 falecidos desde que comezou a pandemia de Coronavirus. Por contra, curáronse un total de 681.796 galegos.

No que respecta aos casos activos, é dicir, persoas que actualmente atravesan a enfermidade, baixan en máis de medio centenar, ata os 1.427, de acordo cos datos publicados este sábado, actualizados ás 18,00 horas do venres.

A baixada é practicamente xeneralizada, con tan só unha excepción: a área de Pontevedra, onde soben as infeccións activas ata as 140 (+3).

Descenden, con todo, na área sanitaria da Coruña, a 285 (-4); en Ourense, a 268 (-6); en Santiago, a 175 (-5); en Vigo, a 282 (-19); en Lugo, a 151 (-15); e en Ferrol, a 125 (-9).

En canto aos hospitalizados covid, baixan en todos os distritos sanitarios menos na área de Santiago, onde aumentan ata os 20 (+1); e na da Coruña, onde se incrementan ata os 54 (+3).

Nas restantes, diminúen os ingresados na área de Ferrol, a sete (-2); en Pontevedra, a oito (-1); en Ourense, a 26 (-3); en Lugo, a 12 (-1); e en Vigo, a 30 (-3).

Por último, o Sergas detectou nas últimas 24 horas un total de 85 novos positivos en Covid-19, 20 menos que na xornada anterior. De todos eles, a área de Vigo concentra 17 casos; seguida pola da Coruña, con 16; Pontevedra, con 12; Ourense, Ferrol e Santiago, con 10 cada unha; e Lugo, con nove.

Un enfermeiro vacina unha muller contra a covid-19
Un enfermeiro vacina unha muller contra a covid-19 | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta