Por E.P. | A CORUÑA | 05/12/2022 | Actualizada ás 20:54
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou este luns que Galicia é "referencia en España" na prestación de servizos que "garanten a atención aos maiores" no rural.
Durante a inauguración do centro de maiores de Oza-Cesuras, que abrirá as súas portas en xaneiro e contará con 40 prazas, o titular do Goberno galego destacou a importancia desta nova infraestrutura tanto na dinamización do rural como na mellora de calidade de vida dos veciños da zona.
Rueda remarcou que "ofrecer os mellores servizos a todos os galegos, vivan onde vivan, é unha das maiores prioridades da Xunta, e máis nun ano como o que vén".
No ámbito da maiores --área que contará cunha partida de 438 millóns de euros nos orzamentos de 2023-- un dos obxectivos que se marca o Executivo autonómico é que "calquera galego teña próximos servizos fundamentais".
De aí a importancia de programas como o Servizo de Axuda no Fogar; da rede de máis de cen 'casas do maior' para facilitar a conciliación das familias ou a iniciativa 'Coidados Porta a Porta' que percorre as diferentes localidades galegas para ofrecer servizos de podoloxía, audiología ou estimulación de memoria e que xa chegou a 25.000 usuarios.
NOVO CENTRO EN OZA-CESURAS
O novo centro inaugurado este venres contará con 40 prazas e combinará os servizos de atención sanitaria como logopeda ou fisioterapia con actividades de promoción da autonomía ou hábitos saudables con espazos para o encontro e o uso lúdico. A Xunta indicou que asumiu o 75% do custo de pór en marcha esta nova infraestrutura social.
O presidente defendeu que un dos obxectivos da Xunta e das administracións locais é "traballar para facerlle a vida máis sinxela" aos galegos. Nese sentido, subliñou a importancia "dunhas instalacións de calidade" que servirán para "manter ás persoas maiores ben atendidas nun lugar no que eles queren vivir".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.