Bardem: "Queren facer de España un país de pajilleros"

Asegura que o actual ministro de Cultura é un “inútil absoluto e un calzóns”.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 17/11/2014 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O intérprete Carlos Bardem, premio "Irmandade do Libro" ao mellor guión adaptado no Festival Internacional de Cinema de Ourense, non tivo pelos na lingua este domingo cando foi a recoller o galardón. “As hostes gobernantes queren facer de España un país de pajilleros en lugar dun territorio de xente libre e culta".

Javier e Carlos Bardem
Javier e Carlos Bardem

"Cando non hai vontade, quitas a Lei do Cinema e non pos unha nova, sacas unha Lei de Mecenado que é absurdo, pos un 21% de IVE para a cultura, cando as revistas porno teñen o 4 por cento. É que simplemente ese dato xa lle explica quen nos goberna", dixo para explicar como o Executivo de Rajoy concibe á Cultura.

O actor criticou duramente a inexistencia dunha política cultural e na que o Goberno do PP dixo, está a “estrangular” ao seu sector que “é vítima dunha 'vendetta' ideolóxica desde hai moito tempo e con esa cousa de chamarnos a todos subvencionados". "Eles si están subvencionados e, como non lles alcanza, moitos deles agarran sobres e fan 'púnicas' e tal", indicou.

“O Goberno quere acalar aos que non pensan como un, vingarse de quen non pensa igual e pasar factura á xente que saíu como a maioría dos españois a dicir non á guerra de Iraq”, suliñou. Por iso, arremeteu contra o ministro de Cultura, José Ignacio Wert, ao que considera un "inútil absoluto e un calzóns", unha figura meramente decorativa que se tivera vergoña toureira dimitiría”. "É unha ameba", manifestou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Xan

Que lle vaia contar milongas os empresarios-productores de OS Anxeles(Holly) despois do seu manifestó en contra de Israel e a sua rectificación posterior en EE.UU. "por si acaso". Non vaia a ser que o deixen fora dos seus circuitos.