Ingreso de María Dores Sánchez na RAG este sábado como membro de número

A filóloga pronunciará o discurso 'Ten sentido unha lexicografía académica bilingüe?', ao que lle dará resposta en nome da Academia o director do Seminario de Lexicografía, Manuel González.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/12/2022 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

María Dores Sánchez Palomino ingresará este sábado, día 17, na Real Academia Galega (RAG) como membro de número, segundo informa a institución académica.

A catedrática de Filoloxía Románica da UDC, investigadora de prestixio internacional no ámbito da lexicografía, é membro correspondente da RAG desde 2004 e dirixe na actualidade a revisión e actualización do dicionario bilingüe castelán-galego, que estará dispoñible proximamente en liña.

A filóloga pronunciará o discurso 'Ten sentido unha lexicografía académica bilingüe?', ao que lle dará resposta en nome da Academia o director do Seminario de Lexicografía, Manuel González.

A académica electa ocupará a cadeira vacante tras o falecemento do arquitecto Andrés Fernández-Albalat nunha sesión extraordinaria pública que terá lugar a partir das 12,30 horas no salón de actos da Academia.

María Doloresres Sánchez Palomino / RAG / Europa Press
María Doloresres Sánchez Palomino / RAG / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta