O Nadal, un cancro para os animais: entre o 15% e 20% que se regalan son abandonados

Uns refuxios suspenden adopcións de cachorros nestas festas e outros fan aos futuros propietarios pasar varios filtros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2022 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

Nestas datas do Nadal, o obxectivo de ter o mellor agasallo, para moitos, pasa por comprar ou adoptar un cachorro. Algo contra o que loitan as diferentes asociacións animalistas, que estiman que entre un 15 e un 20% dos animais comprados ou adoptados como obsequio en Nadal terminan devoltos ou, mesmo, abandonados.

A Fundación Franz Weber apunta a Europa Press unha mensaxe clara e contundente que empuxa a reflexionar a todos aqueles que buscan regalar un animal: "Non o fagas, non é unha forma de gañarse, sobre todo, a felicidade das persoas menores de idade". Nesta liña, indica que eses animais que se regalan poden ser devoltos se son comprados nunha tenda de maneira legal, xa que existe a posibilidade de devolvelos aos 30 ou 15 días despois da súa compra.

Ante isto, a fundación convida a estas persoas a que fagan unha "reflexión profunda" en casa e que non regalen un animal como algo máis de Nadal porque "non é un agasallo ao uso" que trae unha serie de compromisos e gastos que cumprir. "É un ser vivo cunha responsabilidade asociada e ademais un gasto, xa que non é simplemente desembolsar o diñeiro en compralo senón que ao longo da súa vida teñen máis gastos", reflexionan desde Franz Weber.

Así, calculan que durante estas datas de Nadal as adopcións reflicten un aumento, xa que o seu destino é ser un agasallo. Para evitalo, algunha protectora leva tempo tomando medidas, por exemplo pausar as adopcións nestas festividades.

SUSPENSIÓN DAS ADOPCIÓNS

É o caso da Protectora de animais Os Palleiros de Pontevedra, que explica a Europa Press que desde fai xa seis anos paralizan as adopcións desde a semana de Nadal ata pasada a festividade de Reyes.

"Suspendemos as adopcións de cachorros porque a xente se inclina moito por eles e veñen para regalar", remarca. De feito, constata que as épocas nas que máis se incrementa o abandono é no período do Nadal, tempada de caza e vacacións.

DONATIVOS E PASEOS DO NADAL

Outras accións que realizan as asociacións durante estas datas son os paseos do Nadal ou a recollida de calquera tipo de donativo, como o fai o Refuxio de Cambados, porque os cans "tamén se merecen agasallos".

Nas redes sociais do refuxio anunciaron estas actividades e deixaron unha mensaxe crave, sobre todo para estas datas, e é que, "adoptar salva vidas", pero debe facerse con responsabilidade.

Cans abandonados que coida o CAAN da Deputación de Pontevedra
Cans abandonados que coida o CAAN da Deputación de Pontevedra | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta