A Festa do Queixo 2023 xa ten imaxe gráfica

A obra gañadora leva por título “Versión Libre, 2023 da queixeira de Arzúa (escultura)” e foi deseñada polo creativo santiagués Ramón Rivas.

Por Galicia Confidencial | Arzúa | 26/12/2022 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

No Concurso de Carteis da 48ª edición da Festa do Queixo recibíronse un total de 21 propostas desde toda Galicia do resto do Estado. Gañou o primeiro premio, de 600 euros, o pintor e deseñador compostelán Ramón Rivas . As outras tres das catro obras premiadas proceden de fóra da comunidade.

Exposición de carteis. Foto: Prensa Festa do Queixo.
Exposición de carteis. Foto: Prensa Festa do Queixo.

O xurado concedeu 9 puntos e o primeiro premio á peza nº 4 titulada “Versión Libre, 2023 da queixeira de Arzúa (escultura)” do creativo santiagués Ramón Rivas. O segundo premio foi para Bilbao coa obra "O que esconde o queixo" de Begoña Faílde, o terceiro para Murcia cunha creación titulada "Círculos" de Rubén Lucas; e o cuarto, correspondente á votación popular, para Guipúkcoa cun cartel sen título feito por Laura Sanz.

Todos os carteis estiveron expostos ata o 23 de decembro de 2022 e tamén estarán os días 2, 3  e 4 de xaneiro de 2023 (as datas e horarios poden sufrir lixeiras modificacións, que se actualizarán nestas bases e noutros soportes, web, rrrss, etc).

A entrega de premios terá lugar no acto inaugural, o sábado 4 de marzo de 2023.

Cartel gañador 48ª Festa do Queixo. Autor: Ramón Rivas.
Cartel gañador 48ª Festa do Queixo. Autor: Ramón Rivas.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta