A Xunta rectifica e continuará a rebaixa do transporte público interurbano durante o semestre

Os socialistas pediron que a prórroga da medida sexa durante todo o 2023 como xa fixeron outras autonomías gobernadas polo PPdeG.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/12/2022 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a orde pola que se dá continuidade durante o mes de xaneiro de 2023 á minoración "adicional e temporal" nas tarifas bonificadas de aplicación no transporte público interurbano de competencia da Xunta. Pero, ao longo deste xoves, a través da Consellería de Infraestructuras, aclarabase que, a maiores da publicación desta orde, a rebaixa durará ata o 30 de xuño.

Pasaxeiros subindo nun autobús urbano
Pasaxeiros subindo nun autobús urbano | Fonte: Europa Press

"Non foi ata só hai dous días, o 27 de decembro, cando o Goberno de España confirmou que ía manter o desconto estatal para os autobuses interurbanos e urbanos", indicaba a consellería no comunciado. Respecto diso, confirma que haberá unha ampliación do período en que se aplicará a rebaixa en función do establecido polo Goberno, "isto é, entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2023".

A orde, da Consellería de Infraestruturas, prevé a posibilidade de estender esa aplicación ao longo do devandito ano "no caso de confirmarse por parte da Administración Xeral do Estado" o mantemento dunha actuación "análoga" á que se estableceu en xuño deste ano.

O propio texto que publica este xoves o DOG é crítico con que "a emisión dun acto formal de continuidade da medida que se adopte nos últimos días do ano --por parte do Goberno central-- non permitiría a tramitación das actuacións administrativas e contables esenciais para que a bonificación puidese ter continuidade, sen interrupción, xa desde o día 1 de xaneiro".

En canto á minoración aplicable, establece, para os títulos de transporte multiviaxe, unha redución adicional do 50% no prezo. Na súa disposición última segunda, indicaba que "a aplicación da minoración temporal das tarifas bonificadas terá lugar entre o 1 e o 31 de xaneiro". Con todo, e segundo o anuncio da Xunta, a bonificación será ata o 30 de xuño.

CRÍTICAS DO PSdeG

Precisamente, o PSdeG urxiu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a que este xoves "despexe dúbidas" sobre prorrógaa das bonificacións autonómicas do 20 por cento dos autobuses interurbanos, que se sumaría ao desconto do 30 por cento que achega o Estado.

Segundo sinalaron os socialistas nun comunicado, a portavoz de Transporte do grupo, Patricia Otero, pediu ao goberno galego que "apoie a axuda á cidadanía", para que os galegos "poidan seguir contando coa subvención da metade do billete de autobús interurbano".

Así mesmo, Otero instou a Rueda a "seguir o camiño marcado polos seus compañeiros de partido", tanto na presidencia de Castela e León como de Madrid, que xa confirmaron que prolongarán as axudas durante 2023.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta