Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2022 | Actualizada ás 13:50
O gasto e as vendas no comercio en Galicia durante a campaña de Nadal sitúanse "entre un 10 e un 20%" inferior ao doutros anos, segundo as estimacións do presidente da Federación Galega do Comercio, José María Seijas.
Seijas destacou que "é a época en que se vende unha maior porcentaxe de todo o ano", pero tamén advertiu que, "aínda que se fan un maior número de operacións, estas realízanse con importes máis baixos" "A xente coas dificultades que está a pasar, o que gasta no recibo da luz, en hipotecas, en combustible, non dá para o comercio", subliñou.
O empresario lucense sinalou que "a xente compra agora facendo unha selección do que verdadeiramente necesita", para reiterar que se "gasta menos do habitual, un gasto entre un 10 e un 20% inferior a outros anos".
Xa das rebaixas, o próximo mes de xaneiro, José María Seijas, volveuse a queixar en que este período se "quedou en pura anécdota". "Agora mesmo acabo de pasar por diante dun comercio e xa está co 50% de descontos. Si que é certo que as rebaixas comezan o un de xaneiro e acaban o 31 de decembro", reafirmou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.