Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2023 | Actualizada ás 13:29
A Xunta de Galicia destinará 4,5 millóns de euros en axudas para impulsar proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos, lonxas, lugares de desembarque ou establecementos de venda de produtos pesqueiros.
Así o anunciou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a súa visita este luns ao porto de Portosín na que comprobou as melloras realizadas na lonxa e confraría local.
Este investimento estará enmarcado nunha orde de axudas que publicará o Diario Oficial de Galicia (DOG) a próxima semana e formará parte dunha estratexia para mellorar tanto as instalacións como os equipamentos portuarios, para así facilitar o labor profesional dos traballadores e impulsar a competitividade e rendibilidade do sector.
Ademais, a titular do Mar detallou que os beneficiados por estas axudas serán as confrarías de pescadores, agrupacións de interese económico do sector pesqueiro, organizacións de produtores pesqueiros (OPP),cooperativas e asociacións profesionais de persoas mariscadoras e de redeiras.
Tamén poderán acceder ás axudas as administracións públicas con competencias en portos para proxectos dirixidos á pesca costeira artesanal e aquelas actuacións que contribúan á mellora da eficiencia enerxética, protección do medio ambiente e as condicións de traballo dos profesionais do sector.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.