Fernando Simón Vázquez, presidente de Pulponor, asegura que "nos dez anos que levo traballando na comercialización de polbo en Galicia nunca tal cousa vin". A situación é xeralizada en todo o territorio galego e, sumada a elevada demanda por parte de países como Estados Unidos, deriva no incremento do prezo: por riba dos 20 euros.