Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2023 | Actualizada ás 19:57
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo un encontro este luns coa directiva da confraría e a concesionaria da lonxa de Ribeira cos que abordou as necesidades o porto ribeirense. Alí, segundo informou a Xunta nun comunicado, o conselleiro e o presidente do porto, José Antonio Álvarez, percorreron as instalacións da lonxa, ás que a Administración autonómica dedicou 14 millóns de euros.
A Xunta destacou a Ribeira como o porto de baixura "máis importante de Europa" co 23,4 % do volume de poxas nas lonxas galegas e o 10,3 % do negocio total nos nove primeiros meses de 2023. Ademais, é a primeira de toda Galicia en descargas e a quinta en facturación só por baixo das lonxas de Vigo, A Coruña, Burela e Celeiro. A produción nos tres primeiros trimestres de 2023 tivo un incremento do 24 % con respecto ao mesmo período de 2022, mentres que a facturación aumentou o 5,50 % ata alcanzar os 31,2 millóns de euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.