Denuncian a venda ilegal de caracolas mariñas protexidas

Piden medidas para garantir a súa protección.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 12/08/2024 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

A Sociedade Galega de Historia Natural denunciou a venda ilegal de caracolas mariñas protexidas en Galicia, polo que pediu á Xunta que estableza medidas para garantir a súa protección.

Nun comunicado, dita asociación lembrou que certas caracolas coñecidas como buccinos (un gasterópodo das especies Charonia lampas) están catalogadas como vulnerables nos catálogos autonómicos e nacionais de especies ameazadas.

"As principais ameazas para esta especie son a súa captura e morte para aproveitar as cunchas ou venda para consumo. É moi pouco común e a súa abundancia diminuíu nas últimas décadas, o que a levou á súa protección en Galicia", subliñou o organismo.

A pesar disto, detectouse a súa venda de forma "continuada" en postos de cunchas do Grove, con ata 46 exemplares expostos. Tamén puido verse á venda Charonia lampas na lonxa de Robeira (A Coruña). Por iso, pediron á Consellería do Mar e á de Medio Ambiente que establezan medidas necesarias para erradicar a súa venda. "É necesario garantir a protección das especies en perigo de conservación para que non desaparezan dos nosos ecosistemas naturais", subliñaron.

Caracolas maruiñas
Caracolas maruiñas | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta