Jose, un pescadeiro que reinventou as vendas nun grupo de WhatsApp con 600 clientes

Amante do seu traballo, que leva realizando xa 30 anos, gústalle ter un trato cercano co comprador.

Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 12/01/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

É posible combinar a frialdade propia das relacións persoais a través das redes sociais coa cercanía do contacto cara a cara? Por difícil que pareza, si é posible. É máis, é unha ferramenta que se pode convertir na aliada de moitas profesións, como por exemplo, a de pescadeiro, tal e como demostra Jose.

Jose traballando
Jose traballando | Fonte: Cedida

Jose é un pescadeiro afincado en Rianxo que leva exercendo a profesión dende hai máis de 30 anos. Con tanto tempo á fronte do seu negocio de reparto, o cambio da sociedade e o desenvolvemento das novas tecnoloxías levouno a reinventarse para lograr, por un lado, unha mellora nas vendas e, polo outro, diferenciarse da competencia.

Atopou o momento oportuno para lanzarse á aventura coa chegada da pandemia, cando o seu negocio de reparto de peixe e marisco porta a porta quedou paralizado, como o resto do mundo. Mesmo un pouco antes xa se atrevera con algo novidoso: un grupo de WhatsApp no que informar aos seus clientes dos produtos que sacaba a diario da lonxa, para ir a tiro fixo á casa daquela xente que amosaba interese nalgún.

"Cando empezou a pandemia había 50 persoas no grupo, pero a voz foise correndo duns aos outros e cheguei a ter entre 400 e 600 clientes potenciais, porque non todos son asiduos", conta Jose a Galicia Confidencial. Iso si, o importante é que haxa cantos máis mellor, porque "están aí, miran produtos e, de cando en vez, si que piden". 

"Cando empezou a pandemia había 50 persoas no grupo, pero a voz foise correndo duns aos outros e cheguei a ter entre 400 e 600 clientes potenciais, porque non todos son asiduos; están aí, miran produtos e, de cando en vez, si que piden"

Exemplo de receita compartida polo grupo de WhatsApp de Jose
Exemplo de receita compartida polo grupo de WhatsApp de Jose | Fonte: Cedida

AMPLO RADIO DE REPARTO, PERO AÍNDA LLE PIDEN MÁIS

O seu radio de reparto é bastante amplo: dende Santiago, Bertamiráns e Cacheiras ata Arzúa ou Rianxo. Pero cada vez máis "tamén me pide xente da Coruña e Lugo, e teño que dicirlles que me é imposible, porque non me da tempo". Ademais, aínda que puidese contratar a outra persoa, "non quero ampliar a empresa, porque neste negocio, como en case todos, hai altos e baixos de vendas, e prefiro seguir con pouca cousa, pero segura".

A partir da creación do grupo, non foron poucos os medios de comunicación que se interesaron tamén pola súa iniciativa. Medios de todos os recunchos do Estado, polo que, ao chegar esas reportaxes á poboación de fóra de Galicia, "comezaron a chamarme de todas partes de España para que lles levase peixe e marisco".

Explica que aínda que hai que percorrer longas distancias, porque ao final son moitas horas de coche dun lado para outro, ás veces "si que vou a Madrid na furgoneta, só ou cunha das miñas empleadas, dependendo de como sexa o pedido", porque fóra o prezo non é o mesmo que en Galicia, "págase máis". 

"Ás veces si que vou a Madrid na furgoneta, só ou cunha das miñas empleadas, dependendo de como sexa o pedido, porque fóra págase máis"

E por que non mandar a repartir fóra de Galicia a unha empresa de reparto das moitas que hai? Coma unha especie de SEUR de peixe fresco. Porque "a min o que me gusta é o trato 'tú a tú' co cliente, que me conoza e vexa como son e os produtos que teño". "Non quero transportes públicos ou que se adican a esto, porque xa tiven dúas experiencias bastante malas e prefiro ir eu e atender eu directamente aos clientes", expón.

"PARA MIN É UN GUSTO TER QUE IR Á LONXA, E UN PRACER FACER CONTIDO"

Para Jose, ser pescadeiro de reparto, máis que un traballo, é un "placer". "Levo nisto dende os vinte poucos anos, o meu pai adicábase á venda ambulante de peixe e eu estudei algo pero deixei os estudos cedo e tiven que comezar nisto", conta, engadindo que, tras 30 anos no negocio, "agora xa o levo no sangue, e é para min un gusto ter que ir á lonxa, elixir o que comprar e relacionarme cos clientes". "Sería imposible vivir doutra cousa", cree.

Nun traballo que tamén é moi esclavo, pois confesa que "fago unha media de 16 horas ao día de traballo e, cando teño que ir ata Madrid, incluso de 20", Jose saca tempo para levar o seu grupo de WhatsApp subindo contido a diario: "Subo contido todos os días de martes a domingo e para min é un pracer, o traballo é ter que andar a repartir, pero tamén é certo que non sería capaz de estar na casa quieto". 

"Fago unha media de 16 horas ao día de traballo e, cando teño que ir ata Madrid, incluso 20"

Dende a posición da cámara ata a luz para que se vexa ven a calidade de cada exemplar, ata a comparativa co tamaño da súa propia man para apreciar o grande da peza, os seus vídeos e as súas fotografías están moi pulidos. "Gústame que os clientes vexan ben como é o produto, para que o aprecien o mellor posible e sepan se lles interesa ou non", afirma Jose.

UNHA COMUNIDADE FAMILIAR NA QUE MESMO SE COMPARTEN RECEITAS

Por se isto non fose suficiente, ese grupo no que prácticamente "xa somos unha comunidade familiar", tamén é usado tanto por el como polos outros membros para expoñer recetas de cociña cos produtos á venda. "Aos meus clientes gústalles que poña moitas recetas e como se fan, con fotos e indicacións, e a min gústame axudalos a facer pratos que quizáis non coñecían", di este pescadeiro 'moderno'.

O éxito do grupo de WhatsApp é tal que chega a ter entre 200 e 300 pedidos a partir del, aínda que hai temporadas con máis demanda, como foron as pasadas datas de Nadal, e outras con menos. "Nunca me parei a botar contas como tal, pero si que funciona", conclúe.

Produto compartido polo grupo de WhatsApp de Jose
Produto compartido polo grupo de WhatsApp de Jose | Fonte: Cedida
Produto compartido polo grupo de WhatsApp de Jose
Produto compartido polo grupo de WhatsApp de Jose | Fonte: Cedida
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta