Os refuxiados ucraínos de Galicia sen recursos económicos poderán pedir unha axuda de 400 euros mensuais

A cantidade poderá incrementarse en 100 euros por cada menor a cargo que teña o beneficiario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2023 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia habilitou unha orde de axudas dirixida a refuxiados ucraínos que carezan de recursos económicos coa finalidade de cubrir as súas necesidades básicas. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves esta liña de subvencións, posta en marcha pola Consellería de Política Social e Xuventude e que conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros.

Con iso, informa o departamento autonómico, búscase apoiar a aquelas persoas que fuxiron da guerra de Ucraína. Para acceder a ela debe reunirse os seguintes requisitos: contar co estatuto de protección temporal, estar empadroado nalgún concello de Galicia e que se acredite unha situación de vulnerabilidade por parte dos servizos sociais municipais.

A contía da axuda a cada beneficiario será de 400 euros mensuais por un tempo máximo de medio ano. A cantidade poderá incrementarse en 100 euros por cada menor a cargo que teña o beneficiario.

Para solicitar esta axuda terán de prazo un mes a contar desde o día 6 de xaneiro e pode realizarse a petición a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presentar a solicitude en calquera rexistro oficial.

Natalia Afonina, ucraína residente na Coruña e Anna Chasnikova, refuxiada e acollida por Natalia / Europa Press. / Europa Press
Natalia Afonina, ucraína residente na Coruña e Anna Chasnikova, refuxiada e acollida por Natalia / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta