Alerta laranxa este xoves na provincia da Coruña por temporal costeiro que deixará ondas de 6 metros

Estará activa desde as 03,00 horas da madrugada

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2023 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

A Xunta activou para este xoves unha alerta laranxa na provincia da Coruña por un temporal costeiro que deixará ondas de ata seis metros de altura. A alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior estará activa desde as 03,00 horas da madrugada do xoves ante un temporal que afectará especialmente o norte coruñés, entre cabo Prior e Estaca de Bares.

O Goberno galego incide na importancia de extremar as precaucións e afastarse da liña de costa ante este episodio, que foi posto en coñecemento de concellos, deputacións e outros organismos afectados.

Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro / Gustavo da Paz - Europa Press / Europa Press
Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro / Gustavo da Paz - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta