En Allariz xa poden pagar impostos a través de Correos

O concello chegou a un acordo coa sociedade estatal para facilitar os pagos de tributos á veciñanza a través das oficinas postais e das carteiras e carteiros rurais.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 19/01/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Á presentación, que tivo lugar os pasados días en Allariz, asistiu a Alcaldesa, Cristina Cid Fernández, e o Xerente de Produtos e Servizos da área Noroeste de Correos, Xosé Chorén.

Cristina Cid e Xosé Choren. Foto: Prensa Concello de Allariz.
Cristina Cid e Xosé Choren. Foto: Prensa Concello de Allariz.

Grazas a este convenio, a veciñanza poderá pagar as obrigas tributarias e outras de Dereito Público xestionadas polo consistorio nas 21 oficinas de Correos da provincia de Ourense ou en calquera das 2.370 oficinas de Correos distribuídas por todo o Estado.

Con este servizo de Correos, os alaricanos e alaricanas contan cunha canle áxil e sinxela á hora de cumprir cos seus abonos. Ademais, este acordo permite que poidan abonalos comodamente a través dos 144 carteiros e carteiras rurais da provincia, sen necesidade de desprazarse.

UN SERVIZO QUE FUNCIONA XA NOUTROS CONCELLOS

O pago de tributos é un dos novos servizos co que Correos pretende facilitar o día a día dos cidadáns, independentemente de onde vivan, aproveitando a cobertura territorial da rede de oficinas e carteiros e carteiras rurais dos/as que dispoñen.

Casa do Concello de Allariz
Casa do Concello de Allariz | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta