Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2023 | Actualizada ás 17:29
Un total de 22.200 niños de 'vespa velutina' foron retirados en 2022 por parte da Xunta no marco do convenio que ten con case a totalidade dos municipios galegos.
Por provincias, A Coruña é a que conta cun maior número de niños eliminados ou neutralizados, con 10.352. Séguelle Pontevedra, con 6.899. A máis distancia están Lugo (2.918) e Ourense (2.054).
En total, hai 306 municipios adheridos a este programa de cuxa encomenda encárgase a empresa pública Seaga, o que supón o 98% do total de concellos. Agosto foi o mes que rexistrou máis avisos en Galicia, con 7.231.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.