Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2023 | Actualizada ás 17:47
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, manifestou sentirse sorprendido polo "cambio de postura" do goberno local coruñés, tras comunicar que non pagará polos peiraos de Batería e Calvo Sotelo.
A preguntas dos xornalistas, Rueda asegurou que o concello herculino mostrouse "sempre disposto a achegar parte do financiamento e agora, de súpeto, di que non".
"Non o podo entender", aseverou o titular do Executivo galego para quen pode responder "á proximidade das eleccións municipais".
"Ou se arrepentiron", engadiu Rueda, para quen abordar a débeda da Autoridade Portuaria e o futuro dos peiraos coruñeses "se vai para adiante é porque todas as administracións comprometémonos a facer achegas económicas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.