Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2023 | Actualizada ás 12:42
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) arrincará en xuño de 2023 a vacinación da poboación xeral, empezando polos maiores de 65 anos, contra o virus do herpes zóster. Ademais, mellorará a administración da vacina contra a meninxite en adultos para que cubra ata 20 serotipos diferentes.
Xunto a isto, o Sergas ampliará este mesmo ano a carteira de cribados oncolóxicos para incluír tamén probas de detección do cancro de pulmón e de próstata. Así o anunciou este martes o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, durante unha comparecencia no Parlamento galego para avanzar as novedadess na planificación de saúde pública que ten o seu departamento encima da mesa para este 2023.
Durante o debate neste primeiro pleno do ano, os dous grupos da oposición, a través dos seus portavoces sanitarios, Montse Prado (BNG) e Xulio Torrado (PSdeG), reprocharon ao conselleiro que non acudise á Cámara abordar os problemas "reais" da Atención Primaria. Neste contexto, advertiron que "a prevención da enfermidade e a promoción da saúde non é posible"
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.