Unanimidade no Parlamento para reclamar a chegada a Galicia dos trens Avril

O oposición coincidiu en apoiar a necesidade de que estes trens entren en funcionamento canto antes sempre que sexa co máximo respecto ás medidas de seguridade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2023 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

O BNG e o PSdeG avanzaron que apoiarán a iniciativa do grupo maioritario, o Popular, que reclama ao Goberno celeridade na chegada a Galicia dos trens Avril cos que poderá estenderse a alta velocidade ferroviaria a todas as cidades galegas e que, ata o momento, só opera ata Ourense.

Á primeira hora da tarde deste martes tivo lugar o debate da proposición non de lei levada á sesión plenaria do Parlamento galego polo PP, cuxo deputado José Manuel Balseiro incidiu en que Galicia "merece saber" cando chegarán estes trens, "cantos" serán e "de que tipo" pois, como lembrou, non todos teñen as mesmas características.

O parlamentario popular lamentou o atraso da chegada destes trens, aínda pendentes de entrega por parte da compañía Talgo, coa que o Goberno central asinou un contrato en 2017 que situaba o pasado verán na data de entrega.

"Non pedimos nada que Galicia non mereza. Nada que a forza desta cámara non poidan votar a favor se son coherentes co que defenden", engadiu Balseiro, que desafiou a BNG e PSdeG a elixir entre situarse "con Galicia" ou "con Pedro Sánchez".

Durante a súa quenda de palabra, a oposición coincidiu en apoiar a necesidade de que estes trens entren en funcionamento canto antes sempre que sexa co máximo respecto ás medidas de seguridade e unha vez superadas "todas" as probas que fagan falta.

Así o manifestou o deputado nacionalista Luís Bará, quen incidiu en que a demanda de celeridade debe ir acompañado á esixencia de "que se cumpran todas as normativas de seguridade".

"Xa tivemos un Angrois, que tivo que con decisións que se tomaron con decisións nas que a seguridade non foi o máis prioritario", apostilou. Neste sentido tamén foi a intervención da parlamentaria socialista Patricia Otero. "Pedir axilidade non é adecuado sen pedir toda a seguridade. Por pedir agora presión e axilidade non podemos asumir riscos", remarcou.

Así, incidiu en que na actualidade os trens atópanse en fase de probas, de características "moi complexas e delicadas" pois se trata de material rodante capaz de circular a 330 quilómetros. "Non podemos asumir ningún tipo de risco", apostilou.

Arquivo - A Factoría de Talgo. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo
Arquivo - A Factoría de Talgo. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta