Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2023 | Actualizada ás 17:13
Puertas Betanzos, a empresa que contratou e posteriormente despediu aos dous senegaleses que trataron de axudar a Samuel Luiz -- o mozo que morreu na Coruña en xullo de 2021 tras unha brutal malleira no paseo marítimo-- denunciará á CIG, tras informar a central sindical deste despedimento.
No seu comunicado, a CIG argumentou que ambos os senegaleses foron despedidos por "coller vacacións" en Nadal e que por parte da empresa tiveron un "contrato abusivo", algo que esta nega.
Á súa vez, Puertas Betanzos emitiu outro este mércores, no que anuncia a interposición de "accións legais por intromisión ilexítima na reputación" da empresa fronte á CIG para pedir a rectificación das manifestacións, ademais dunha indemnización por dano moral. Por outra banda, rexeitan "prácticas ilegais" na contratación de Ibrahima e Magatte ou que percibisen "un salario máis baixo que o establecido no convenio".
Nega tamén que se lles pedise que reconsiderasen que collesen vacacións en Nadal e que fose este o motivo do despedimento, que volven vincular con "causas organizativas, produtivas e económicas" e insiste en que os dous homes "foron avisados coa antelación suficiente" e que recibiron "a máxima indemnización establecida por lei".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.