Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 26/01/2023 | Actualizada ás 14:45
Os axentes da Comandancia da Garda Civil de Ourense levaron a cabo unha investigación que, tras solicitar e analizar a información existente, finalizou con tres persoas investigadas como presuntas autoras dun delito de coacción, de forma máis concreta, de 'sextorsion'.
Segundo trasladou a Garda Civil nun comunicado, a investigación comezou por mor dunha denuncia interposta no Cuartel da Garda Civil de Ourense, na que o prexudicado, sinalou que recibira chamadas e mensaxes ameazantes.
Deste xeito, a nota indica que a vítima explicou que estas ameazas se produciron a través dunha rede social e que eran provenientes de varias liñas de telefonía móbil.
Así, o afectado explicou que, tras non acudir á cita concertada, "recibiu numerosas chamadas e mensaxes e, temendo pola súa integridade física, realizou varias transferencias por un importe total de 1993,98 euros".
Deste xeito, estas actuacións fixeron que leve a cabo unha investigación de tres individuos, naturais de Marrocos, Bolivia e República Dominicana, como supostos autores dun delito de Coaccións. As dilixencias correspondentes foron remitas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.