Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/01/2023 | Actualizada ás 18:44
Os fisioterapeutas inciden en que son "os únicos profesionais sanitarios lexitimados para avaliar e aplicar exercicio físico en poboación con patoloxía ou enfermidade", en resposta ás iniciativas en torno ao programa 'Adestra a túa saúde'.
"Os titulados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte non son profesionais sanitarios e, por tanto, carecen de competencia legal neste ámbito", sinalan nun comunicado. Tanto o Colexio oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) e a Sociedade Galega de Fisioterapeutas (SoGaFi) anuncian que perseguirán xudicialmente as actuacións desenvolvidas no programa "que non cumpran coa legalidade vixente en materia sanitaria".
"Achegando a maiores cobertura legal a todos aqueles usuarios que sufran calquera tipo de complicación na súa saúde", indican nun comunicado, no que inciden que é "función exclusiva de profesionais sanitarios toda intervención terapéutica que pretenda influír sobre os síntomas ou modificar o curso clínico dunha patoloxía", sinalan sobre o labor dos fisioterapeutas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.