A Deputación de Pontevedra mobiliza 9,5 millóns para concellos, axudas sociais e emerxencias

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2023 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou este venres en rolda de prensa de que o goberno provincial "afronta un financiamento moi importante" que ascende a 9,5 millóns de euros para levar a cabo unha serie de proxectos que se aprobaron entre o pasado martes e a xunta de goberno deste venres.

Por unha banda, aprobaron recursos do Plan Concellos para 28 municipios por un total de 4 millóns de euros. Concretamente, destinados á Liña 3 de emprego, son 3,8 millóns para subvencionar a contratación de 329 persoas desempregadas, por parte de 26 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais, de interese xeral e social. E tamén se aprobaron investimentos da Liña 1 do Plan Concellos por 236.000 euros para As Neves e A Cañiza.

Carmela Silva tamén informou da aprobación de 3 millóns de euros para plans de política social "para facer fronte á vulnerabilidade". Sendo 2,5 millóns de euros os destinados a apoiar ás corporacións locais de menos de 20.000 habitantes para que poidan prestar os seus servizos sociais comunitarios municipais.

SERVIZO AXUDA NO FOGAR

Grazas a esta actuación finánciase con 1,2 millóns o Servizo de Axuda no Fogar e con outros 1,2 millóns de euros a contratación de persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios básicos, persoal administrativo e, ademais, o Servizo de Apoio Familiar.

Ademais aprobáronse outros 552.000 euros para axudas de emerxencia que as persoas beneficiarias poderán empregar en alimentación, uso de vivenda, pago de recibos, pago de produtos de hixiene e limpeza, pago de produtos farmacéuticos, adquisición de electrodomésticos básicos, pago de desprazamentos para recibir tratamentos, facer xestións ou participar en actividades, pago de lentes e audífonos e axudas de apoio á infancia.

A presidenta da Deputación de Pontevedra sinalou que como novidade este ano introduciron como axuda básica de emerxencia o pago de estudos en centros públicos.

CLUBS DEPORTIVOS

O goberno provincial tamén aprobou 1,8 millóns de euros en 3 liñas de axudas para clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas.

Carmela Silva na rolda de prensa deste venres
Carmela Silva na rolda de prensa deste venres | Fonte: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta